Thursday 02 de May de 2024

Mañán xoves, 15 de decembro, remata o prazo para inscribirse na IV Carreira Pedestre Popular Concello de Touro, que se celebra o sábado 17 de decembro


Mañán xoves, día 15 de decembro, ás 23.59 horas finaliza o prazo para inscribirse na IV Carreira Pedestre Popular Concello de Touro, que se celebrará o sábado 17 de decembro. A carreira, que a súa saída está prevista para as 16.45 horas, está aberta a todos os afeccionados a este deporte. A proba terá unha distancia de dez kilómetros e discurrirá por diferentes puntos do Concello de Touro, entre os que estará o núcleo urbano de Fonte Díaz. A organización, que ofrecerá unha camiseta a todos os participantes, entregará trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Tamén terán premio os tres primeiros corredores locais da categoría absoluta e o primeiro clube masculino e feminino na clasificación final. A entrega de premios está prevista para as 19.00 horas frente á sede del Concello de Touro, en Fonte Díaz.

A categorías da proba abarcan dende os máis xóvenes ata os máis veteranos. Os adultos poderán apuntarse na web: www.emesports.es